II Xornadas Galegas de Patoloxía Dual (4)

Prevención do Abandono no Tratamento da Complexidade
Estratexias Eficaces
Novembro 2010




Notas Explicativas e Comentarios
sobre este Espazo de Comunicación e Encontro


Presidente da Asociación Cadabullo
Ourense 2010

A asociación Cadabullo ten por obxecto a Promoción Social de persoas con dificultades de Patoloxía Dual Psíquica, este ano organiza as II Xornadas Galegas de Patoloxía Dual na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo). O equipo técnico da asociación ven traballando neste proxecto desde decembro do 2009 e ten mantido encontros con diferentes profesionais e responsables no campo das adicións a fin de perfilar os contidos e obxectivos destas Xornadas. Como novidade importante, este ano, contamos xa coa creación dunha Comisión Científica multidisciplinar, así coma co aval por parte da Sociedade Española de Patoloxía Dual (SEPD). Tamén convén sinalar que na primeira edición Cadabullo pasou a formar parte das Entidades Provedoras de Formación Continuada das Profesións Sanitarias.

A primeira edición confirmou moitas das nosas intuicións. Así se constatou o interese de profesionais e estudantes de diferentes disciplinas: psiquiatría, medicina, enfermería, psicoloxía clínica e social, educación social e traballo social, psicopedagoxía; profesionais que interveñen en distintos servizos, así coma en 11 asociacións relacionados co campo das adiccións e alcoholismo, a saúde mental, prisión, menores, muller, poboación de exclusión social, e incluso do ámbito educativo e outros. Sendo un total de 170 participantes (140 inscritos): 85 profesionais, 70 estudantes e 10 persoas implicadas no desenvolvemento das accións da asociación, así coma outras persoas da administración.

A nosa Asociación nace no ano 2006 a iniciativa de profesionais e familiares coa vontade de cooperar no posible coa Rede Asistencial. Consideramos esencial a formación especializada como peza necesaria, que garanta a calidade dos sistemas de tratamento. O deseño destas Xornadas foi pensado coidadosamente para que, tanto profesionais da saúde mental, coma das adiccións, así coma estudantes de disciplinas afines e todos aqueles que interveñen na acción con estes colectivos dispoñamos dun ámbito de reflexión acerca desta complexa problemática, que agora xa se evidencia na nosa comunidade galega cunha alta prevalencia. 



TEXTO DESCRIPTIVO PARA A XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE

A asociación Cadabullo vai comprendendo que un pilar esencial para garantir unha  acción eficaz e de calidade é que aqueles profesionais que interveñen no complexo campo da comorbilidade poidan acceder a procesos de formación continuada que favorezan o necesario progreso na especialización. Por elo o seu  Equipo Técnico ven participando en xornadas e congresos específicos sobre a patoloxía dual e en outros relacionados con aspectos relativos á comprensión do fenómeno e o seu tratamento. Así, unha vez que se consolidaron as primeiras bases da asociación, pensamos en poñer en marcha un proxecto a longo prazo que perseguira a concienciaciónformación, pero sobre todo a dinamización e converxencia profesionalNesta liña, tanto a nosa entidade coma o Equipo Técnico, veñen apostando fortemente e facendo un grande esforzo persoal e económico por promover e manter experiencias deste tipo desde o ano 2007.

A celebración da primeira edición confirmou moitas das nosas intuicións. Así se constatou o interese de profesionais e estudantes de diferentes disciplinas: psiquiatría, medicina, enfermería, psicoloxía clínica e social, educación social e traballo social, psicopedagoxía, profesionais que interveñen en distintos campos: diferentes servizos e 11 asociacións relacionados co campo das adiccións e alcoholismo, a saúde mental, prisión, menores, muller, poboación de exclusión social, o ámbito educativo e outros. Foron un total de 170 participantes: 85 profesionais, 70 estudantes e 10 persoas implicadas no desenrolo das accións da asociación, así coma outras persoas da administración; do total de participantes, 140 persoas estiveron inscritas.

Por outra banda tamén se cubriu de forma indirecta un obxectivo de concienciación e impacto social a través da publicidade que tivo en prensa incluso a nivel de descrición de contidos específicos de cada un dos días das xornadas, tanto a nivel local como autonómico. Por último, tamén cabe sinalar o feito de que este espazo de formación entrase a formar parte do Sistema Acreditador de Galicia, avalándose deste xeito a súa calidade técnica nos contidos e metodoloxía. Con esta actividade Cadabullo pasou a formar parte das entidades proveedoras de formación de Galicia.


Nesta segunda edición se contou con un Comité Científico e un Equipo Organizador que foron compostos desta maneira:


COMITÉ CIENTÍFICO
Área de Psiquiatría
*Carlos Pino Serrano (Sociedad Española de Patología Dual); *Gerardo Flórez Menéndez (UCA); *Ignacio Gómez Reino (Psiquiatra CHOU-SERGAS); *David Simón Lorda (Psiquiatra CHOU-SERGAS)
Área de Psicoloxía Clínica*José Manuel González González e *Nuria Seijas Fernández (Clínica Psicolóxico-Social)
Área de Intervención Social*Eva Fernández Pérez (Traballadora Social); *Carlos Manuel González Caporale (Educador Social)
EQUIPO ORGANIZADOR
*Equipo Técnico da Asociación Cadabullo: SINERXXIA
*Concellería de Sanidade: Santa Ameijeiras Marra (Xefa de Servizo da Concellería Sanidade, Concello de Ourense)
*Universidade de Vigo: Antonio González Fernández (Psicólogo, Facultade de Ciencias da Educación, Ourense)


Nota inicial ás II Xornadas Galegas
Asociación Cadabullo

Tal e como vimos constatando na derradeira década, o estudo do fenómeno da comorbilidade (coexistencia de diferentes dificultades psicolóxico-psiquiátricas nunha mesma persoa) está permitindo a mellor comprensión da realidade habitual dos usuarios dos centros de tratamento das condutas aditivas. Este é un fenómeno que podería ser considerado como unha «cuestión-tipo» en moi diferentes contextos educativo-terapéuticos, e que nos achega á aproximación bio-psico-social, modelo que actualmente debera guiar tódalas nosas actuacións.

Como sinalan os grandes estudos americanos de inicios dos 90 e como veñen a confirmar os recentes estudos nacionais nos que xa se pode incluílo que se realizou  na nosa Comunidade Autónoma, estamos ante unha realidade que afecta a unha alta porcentaxe dos casos que participan dos servizos de tratamento. As análises, provintes de moi diferentes experiencias, sobre as implicacións tanto no curso dos problemas aditivos, no das patoloxías asociadas, coma no desenvolvemento dos procesos de tratamento (estabilización, restauración, desenvolvemento e incorporación), suxiren a necesidade de articular modelos e sistemas de intervención que se adapten ás características dos diferentes perfís clínicos. Esta cuestión somentes será viable si se dispón dun coñecemento suficiente que permita deseñar e implementar plans terapéuticos individualizados, os cales, por engadidura se converterán en lugar de xeración de experiencia para os novos casos.

Como entidades que nos adicamos ó tratamento deste tipo de dificultades, xa sexa de forma pública ou privada, desde as administracións ou desde o terceiro sector, así coma desde calquera outro tipo de dispositivos, precisamos de espazos para a reflexión, afondamento e unificación de criterios, e tamén para o coñecemento dos recursos actuais, dos novos modelos de intervención e das diferentes fontes de recomendacións.

Entendemos que os nosos sistemas de tratamento só poderán avanzar, só poderán ser sostibles, se nos axustamos ós criterios internacionais que van amosando a súa eficacia. O lugar social das entidades que vimos desenvolvendo unha actividade durante tantos anos está en xogo e a base para a súa continuidade será a capacitación específica e a mellora da nosa competencia profesional.

Estas Xornadas perseguen manter un espazo que dea respostas a estas e outras moitas necesidades. O enfoque desta edición foi pensado sobre o que consideramos unha das consecuencias máis graves do fenómeno da comorbilidadeo abandono do tratamento. Nos últimos años se vai esclarecendo que as persoas con problemáticas severas son as que abandonan «máis» e «antes»; por outra banda o abandono prematuro está relacionado con unha maior probabilidade de recaída sintomática. Os centros de interese de este encontro xirarán en torno á presentación dos modelos que se revelaron eficaces e a presentación do que se está a facer para comprender e manexar mellor este tipo de casos. Todo elo nos facilitará dispor de puntos de referencia e contraste; si é o caso, poder reformular as nosas intervencións ou incluso os nosos modelos de tratamento; e, se fose incluso necesario, deseñar novos programas ou recursos específicos adaptados que dean respostas ás necesidades específicas destas persoas.

Entendemos que cando se fai o que parece que se amosa que hai que facer (modelos baseados na evidencia científica) aumenta a permanencia no tratamento, que é unha das variables con maior capacidade preditora do éxito terapéutico. Sen dúbida é un dos factores clave que reverterá na mellora da calidade de vida das persoas e familias aqueixadas.

Non podemos rematar sen agradecer o apoio da Sociedad Española de Patología Dual que avalou os contidos desta edición; a confianza total e o apoio por parte da Concellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense e da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo que tiveron a ben participar como coorganizadores; o apoio por parte da Deputación de Ourense e de todos aqueles que colaboraron no seu  financiamento e difusión permitindo manter a súa calidade; as aportacións e recoñecemento por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia; pero, sobre todo, ós que coa súa total dispoñibilidade quixeron compartir con todos nós o seu saber e o seu saber facer.

Comentarios